lunes, 27 de septiembre de 2021

HORARIO 4 ANOS E CALENDARIO ESCOLAR - curso 2021/2022

      Eiquí vos deixo os diversos DOCUMENTOS que comentei na reunión inicial que tamén atoparedes na barra dereita do noso blog "AULA DOS CARACOIS 345" (SE ESTADES CO MÓBIL, DEBEDES POÑER A VERSIÓN WEB PARA PODER VER A BARRA DA DEREITA) 



     De todos xeitos, se queredes descargalos e imprimilos en cor, soamente debes clicar enriba de cada imaxe e xa accederedes a un PDF.


1.- HORARIO DE AULA

Eiquí tedes o horario tal e como o traballaremos na auna, con pictogramas ou imaxes. Desa maneira, aínda que non saiban ler palabras, si saben interpretar e asociar imaxes co que se vai traballar nesa xornada e en cada sesión.

Na aula teremos un horario cos pictos MÁIS GRANDES e os imos colocar por días en lugar visible.




2.- HORARIO SEMANAL (especialidades e desdobles)

     Eiquí aparecen os días que terán especialidades e os equipos de cor que irá en cada turno cando fagamos desdoble.




3.- CALENDARIO ESCOLAR - CURSO 2021/2022

    Eiquí tedes o calendario escolar deste curso. En VERMELLO están os días que non hai clase (festivos, vacacións, día de convenciencia pedagóxica,...) e, en VERDE, os días de titorías (nestes casos, agradécese se solicite cita previa para garantizar a atención e poder falar previamente cos demáis mestres que lle dan clase os vosos fillos)



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...