Comezamos o curso con gañas de aprender porque xa temos 4 anos ou a piques de cumprilos e iso...MOOOLA!!
Así que , o primeiro, é refozar algunhas cousas que aprendimos o curso pasado. Escollimos as vogais e vimos uns vídeos na PDI e, despois, fixemos a grafía en maiúsculas con plastiliña...mirade que xeniais!
Tamén cantamos a canción dos números e lembramos a grafía do nº 1,
fixémola na pizarra branca e por turnos e...SEN AXUDA!!!
Asemade, acudiron á Rufiteca o alumnado de Valores mentres os de Relixión quedaban na clase. Nestes días de setembro, aproveitamos para traballar uns valores de maneira lúdica como o respeto, respetar turno, disfrutar xogando, estar en silencio e aprender xogos novos para explicarlles na aula ós compañeiros dos recunchos de xogos, como o DOMINÓ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario