lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAGOSTO 2021

O xoves disfrutamos da sesión de contacontos de medo. Uns contos ilustrados que lles gustou moitísimo e que eran moi divertidos porque non se trataba de escoitar historias de medo...se non de descubrir que había detrás de cada páxina!!! 





Uns contos que non so eran divertidos se non moi intrigantes!!!
 A tensión está presente desde que comenzamos a velos ata que chegamos á última páxina:




O venres, chegou o esperado día!! Todos os caracois guapísimos!!!




O día estaba cheo de aventuras!!! Así que marchamos ó patio para participar nos nosos xogos!!!

- XOGO 1: Relevos de monstros

- XOGO 2: Monstros conxelados



Formáronse 2 equipos elexidos por dous capitáns. Era importante agardar turno e prestar atención ás explicacións da bruxa con alas (é dicir, a mestra patatafrita,jeje):





Os mosntruos tiveron que ir por turnos correndo a coller tapóns, e traelos de 1 en 1 nun vaso de cartón e depositalos nas bandexas branca ou laranxa, segundo sexa o seu equipo. O primeiro equipo que faga 2 rondas, finalizará o xogo e contabilizamos os tapóns. Pero, sabedes que??? HOUBO EMPATE!!!!


No xogo 2, os monstros tiñan que moverse o son do tambor, según lles indicara a bruxa con alas (correndo, coas mans enriba da cabeza, mans no cu, mans no xeonllos,...) pero, cando paraba de tocar, debían quedar conxelados completamente.


Cando rematamos, marchamos degustar as castañas asadas que nos botaron dentro das cestiñas que elaboraron libremente na clase e quedaron IDEALES!!!




Mariíta, a mestra de prácticas, fixo un video que resume todo o que fixeron ata este momento!!


E despois de comer e acabar coas castañas, marchamos a clase a devorar a "asquerosa" merenda que é a delicia dos caracois e que semella a comida que comían os monstros no conto de "NO MIRES DENTRO"!!!! ajjjjj....






E, outro ano máis, outro Samaín estivo dulcificado coas galletas personalizadas para o evento coa que nos agasallou Martín F. traendo para os compañeiros e mestres (e detalle especial para a compañeira que non pode tomalas). Un detalle que nos namora, caracoliño, gracias a túa prima (de @mis_dulces_molones) e a ti por elaboralos con tanto agarimo!!!





Despois puidemos xogar libremente nos recunchos onde as risas e o bo humor estivo presente ata o final da xornada.

E, como broche final, eiquí tedes un pequeno vídeo que resume todo o vivido no colexio este día do SAMAGOSTO!!!



E PARA VER TODAS AS FOTOS DO SAMAGOSTO, PINCHADE NESTE ENLACE OU NO ALBUM DE OUTUBRO 2021 NA GALERÍA DE FOTOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...