Hoxe comezamos o 2º trimestre con moita ilusión porque, nada máis entrar no cole, a primeira sorpresa:
A PORTA DA CLASE CUBERTA DE CORTIZA PARA PODER COLOCAR MELLOR OS NOSOS TRABALLOS E MURAIS!!!
A SEGUNDA SORPRESA FOI QUE CAMBIARON O CHAN DA AULA E ESTÁ COBERTO DE MADEIRA!!!! MÁIS QUENTIÑOS E PODEMOS XOGAR NO CHAN SEN ENFRIARNOS!!!
E, POR ÚLTIMO, HABÍA UNHA CAIXA ENORRRRRRME
QUE NOS DEIXARON OS REIS MAGOS!!!!
NESTE MOMENTOS, OS NERVIOS FORON EN AUMENTO!!!! Qué habería dentro? Un por un foi pasando para tentar de coller a caixa e comprobar que pesaba un montón!!
Así que, como tiñamos moita ilusión por saber que había dentro, sentámonos arredor para poder ver todos ben e... ALÁ IMOS!!!
Se pinchades na imaxe de abaixo, veredes un pequeno vídeo do momento APERTURA DO AGASALLO:
Todos estes xogos forman parte do noso xogo e os distribuimos polos recunchos da aula. Así que, á volta ás clases foi espectacular!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario