O mércores comezamos a mañá cunha gran sorpresa na Rufiteca. Chegara Queliña, ou Raquel Queizás, para contarnos unha e mil historias.
Captou a atención dende o minuto un coa súa caracterización de piloto de avión...ou avioneta.
Pero, con ela, traía un maletín especial pero que contiña??
Pois traía consigo moitos obxetos que nos traían aventuras e historias que contar sobre a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas, os xogos, a vestimenta,...
E así todos caladiños estiveron disfrutando durante toda a hora...
Non había ningún que se movera, xa que as personaxes das aventuras non mantiñan abraiados e queriamos saber máis e máis...
Moito respeto. Eso é o máis importante e todo, tanto nos contos como na vida real.
Todos e todas somos LIBRES!!!!
Como sempre, as sesións de contacontos con Raquel son xeniais. E máis, cando rematamos así a sesión!!! PINCHADE na foto de abaixo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario