jueves, 22 de septiembre de 2022

SOMOS ÚNICOS

     Este curso a AULA DOS CARACOIS imos participar nun programa contra o acoso escolar promovido por COLACAO. Creo que é moi importante traballar actitudes positivas de respeto, aceptar e aprender das diferencias, de que todo o distinto é fonte de aprendizaxes,... desde moi pequenos. 

     Os caracois teñen uns corazóns enormes que se lles saen do caparazón pero, aínda así, imos reforzar sentimentos e conciencias para medrar cuns corazóns ÚNICOS (Aínda que é a partir de 1º EP imos adaptar as actividades as súas idades e as súas destrezas.)


     Asemade, gustaríame que tamén sexa algo que traballemos desde as casas, que atopen na casa e na escola o mesmo caminiño de NO BULLING. Todos somos ÚNICOS. Cada un ten a súa esencia, a súa semente que medrará de maneira distinta nuns e noutros pero que sempre temos que respetar para convivir felices e nós, desde o seno das familias, respetar que os nosos fillos sexan únicos.

     Temos que reforzarlles o respeto ós demais por calquera razón que sexa e iso comenza sendo nós, os adultos, os que respetemos ós nosos iguais. E, sobre todo, que se respeten eles mesmos.

     Pinchando na imaxe de abaixo podedes acceder a máis información por se é do voso interese.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...