O luns chegamos o cole e alguén instalara a entrada da súa vivenda na parede da nosa clase, co seu felpudo e a escaleira para poder baixar ata o chan desde o zócalo.
Pois nin máis nin menos que o Ratiño Pérez!!! MENUDA SORPRESA!!! Canto tempo estivo escavando para facer o túnel que unía a súa vivenda coa nosa aula???
Pois da a casualidade que a un compañeiro caeulle un dentiño mentres estaba enfermo na casa e, sabedes unha cousa? O Ratiño deixoulle uns regaliños!
Foi un diploma no que poñía que o dente era de primeira calidade polo ben coidado que está e unhas lambetadiñas!! Menuda ledicia tiña!!
O diploma é pequeniño para nós pero enorme para o ratiño, así que debeu vir moi cargado!!
E eiquí podedes ver o DESDENTADO co seu buratiño !!! Parabéns!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario