lunes, 3 de octubre de 2022

CARTA DE RUFIÑO!!!

 Chegamos a clase e, no panel negro, tiñamos unha CARTA DE RUFIÑO!!!!!



Que poñía? que nos quere contar?




Pois a mensaxe non viña en palabras...estaba en CÓDIGO QR!!!!



Pero coma nós somos uns expertos lendo códigos QR, puxémonos mans á obra e...puidemos escoitar a mensaxe que nos estaba a contar Rufiño, a mascota da nosa Rufiteca!!!



Contounos que a biblioteca estaba aberta xa nos recreos, que xa podíamos ir coller libros de préstamos e que empezaba a moverse a mochila viaxeira polas familias!!!!

QUÉ GANIÑAS TIÑAMOS DE VOLTAR A IMPREGNARNOS DE HISTORIAS, CONTOS, LIBROS, ALBUMES,...DA NOSA RUFITECA CHEA DE AVENTURAS!!!!




Así é como OS LUNS imos ir cada un buscar os libros de préstamo e OS MÉRCORES viaxará a mochila viaxeira polas casas 1 semana enteira!!!, por turnos, iso si!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...