Estas semanas pasadas levamos a cabo un Obradoiro de Medo onde traballamos sobre emocións, interpretación, voz, expresión, ... bueno, eso é o que credes que estivemos facendo pero CHEGOU O MOMENTO DE QUE DESCUBRADES O SEGREDO!!
O que estabamos facendo "realmente" é preparando un AVISO para as familias para que non lles pille de sorpresa "a nosa transformación" e non se asusten...jejeje...mirade o vídeo de abaixo...pinchade...PERO ACTIVADE O SON, eh!!!
Dito isto, seguimos coa celebración do SAMAGOSTO no colexio. Este ano xa puidemos vir disfrazados e maquillados!! Que ganiñas tiñamos!!! Mirade que caracois tan terroríficos viñeron a clase!!
Despois dividímonos por equipos mixtos entre todos os de infantil...
...e tiñamos que pasar, por turnos, polas "estacións de xogo" onde, cada aula/ximnasio/corredor se realizaba un xogo distinto!
E víchedes que guapos viñemos ó cole?
Cando o castiñeiro nos avisou de que as castañas estiveron feitas, collimos as nosas cestiñas que decoramos libremente e marchamos buscalas!!! mmmm...que ben cheiran!!!
Despois foi o turno de descanso de tanta diversión e repoñer forzas coas nosas merendas mentres aproveitábamos para ver uns debuxos de medo!
Antes de ir ó recreo, fixemos unha paradiña no photocall que fixeron a coidadora Isi coa idea de Cris, a mestra de AL que son unhas artistazas:
Para ver TODAS AS FOTOS, podedes pinchar nestes enlaces:
GALERÍA DE FOTOS DA AULA: https://photos.app.goo.gl/BzqCuSEccng4PTUD7
GALERÍA DE FOTOS DO COLEXIO: https://photos.app.goo.gl/LBFPacxhWXSUXnCR6
Fixemos un recreo máis longo e disfrutamos con todos os compañeiros do colexio con música e moitas risas!!! Botade un ollo o vídeo que adxunto:
Como lles gusta moito unha das cancións que poñemos no colexio, aproveitamos para ver o videoclip de "MI NOVIO ES UN ZOMBIE", de Alaska:
No hay comentarios:
Publicar un comentario