Estamos moi emocionados porque estase achegando o Samaín, o día máis terrorífico do ano.
Como nos gusta moito a interpretación, ímonos converter en ZOMBIES!!! Pero, para iso, hai que aprender a selo, e sabedes como?
Pois imos levar a cabo estas semanas un Obradoiro de Medo onde, cada día, adicarémosnos a un aspecto a traballar:
1ª SESIÓN - A RESPIRACIÓN
Como respiran os zombies? como respiramos cando temos medo? e terror? pavor? Hai veces que soamente nos asustamos pero OUTRAS VECES..."cagamos patatitas",jejeje. Así que a respiración debe escoitarse, abrir ben a boca e podemos respirar máis lento ou máis axitado, según o que sintamos. Así que..eiquí un pequeno resumo do traballado nesta sesión. PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO.
2ª SESIÓN - A EXPRESIÓN
Tamén é precio expresar medo cos ollos, co corpo, cas mans e cos movementos. Así que, nesta sesión, puntualizaron que:
- Hai que abrir moito os ollos
- Pódese abrir moito a boca
- Hai que respirar lento e forte.
- Con medo se camiña cara atrás.
- O corpo e as mans expresan medo e as mans poden tapar a cara para non ver " o susto".
- Pódese caer ou tirar cousas cando escapamos do medo...
E eiquí o pequeno vídeo resumo:
3ª SESIÓN - GESTOS FACILES
Non é preciso falar para comunicar. É o que estamos reforzando. Por iso, a nosa cara é o primeiro que se ve e é unha fonte moi grande de comunicación porque os nosos xestos informan e din o que sentimos. Por iso, traballamos o medo, o terror, o pavor na nosa cara...
Pincha na imaxe e mirade que ben o fixemos!
4ª SESIÓN - IMPROVISACIÓN
Moitas veces, non temos guión que seguir e precisamos saber improvisar, adaptándonos á situación ou a temática. Mirade que ben o fixeron!
No hay comentarios:
Publicar un comentario