Vouvos presentar estas FICHAS INTERACTIVAS que poden facer os peques no ordenador coa axuda do rato ou na tablet (tamén no mobil pero é moi pequena a pantalla). É aconsellable que, nestas primeiras, esteades con eles para axudarlles a facelas e correxilas tamén.
Ireivos deixando algunhas por eiquí pero tamén vou facer un panel de "symbaloo" que o titularei "FICHAS INTERACTIVAS" e as porei no blog (un para lectoescritura, outro para lóxico matemáticos e outro variado), e irei actualizando pouco a pouco. Ainda que se fan interactivamente, tamén tedes a oportunidade de imprimila.
Teredes os enlaces no blog, na barra dereita onde aparecerán estas imaxes. Soamente tedes que pinchar enriba para acceder directamente ó panel e, alí, escolledes a ficha que queirades (de momento, hai poucas fichas pero encherase pouco a pouco):
No hay comentarios:
Publicar un comentario