Viñeron visitarnos á Rufiteca de ACEGA (Asociación Galega de Celíacos) a contarnos o seu novo conto "SON MARIÑA".
Céntrase nunha nena celíaca e todo o que lle supón esta característica do seu corpo.
O importantísimo que é mirar os ingredientes das cousas para saber se o pode ou non comer...ou beber.
Nós xa sabiamos que temos que ter moito coidado con non mesturar cousas con e sen gluten para evitar que se contaminen os alimentos, sobre todo cando os cociñamos.
Tamén nos contaron o conto dos Bolechas onde abordan este tema.
Despois, marchamos a nosa aula para levar a cabo un OBRADOIRO DE COCIÑA SEN GLUTEN!!!!
Qué hambre tivemos de súpeto!!! jejeje
Había TOSTADAS.
NOCILLA.
CREMA DE CACAHUETE
QUESO CREMOSO Philadelphia
E AS EXITOSAS "CHISPITAS" (como din eles)
E así, ordeadamente, puxémonos mans á obra e eleximos con que untar as nosas tostadas.
Agardamos a que todos tiveramos as tostadas feitas...
...e 3, 2, 1...ATACAMOS AS TOSTAS COAS NOSAS BOCAS!!!
Despois marchamos ó recreo pero, cando voltamos…devoramos todo o que quedaba!!! !
E, no caso de que non houbera no coitelos libres…BOS SON OS NOSOS DEDOS!!!
E estás dúas encantadoras chicas de ACEGA deixáronnos uns exemplares para a nosa biblioteca sobre a CELIAQUÍA!!!! Que ben o pasamos…é as nosas barriguiñas o agradeceron!
Sempre é importante saber máis cousas sobre este tema para así entender, comprender e coidar mellor a nosa Lariña!!!❤️❤️❤️
Sempre unidos!!! Sempre coidándonos uns caracois ós outros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario