martes, 29 de noviembre de 2022

SAÍDA ESCOLAR: CAFÉ MODERNO E MUSEO

 Marchamos o martes con moitos nervos porque NOS IAMOS DE EXCURSIÓN!!! Madre mía que gañas tiñamos!!!








A primeira parada foi no CAFÉ MODERNO onde visitamos varias salas coa exposición "THIS IS POP!"



En cada sala atopábamos cabazas que nos explicaban cousas novas sobre este estilo de arte.




Un estilo moi colorido e alegre!



E finalizamos nunha sala onde había unha cabaza decorada de maneura moi PUNTILLISTA ou LUNARISTA,jeje.



Ó rematar marchamos á sala de arte para levar a cabo unha manualidade.



E tivemos que montar un artefacto que ía resultar moi divertido!


Botamos pegamento nunhas partes da nosa cabaza e, coa axuda do "aspersor caseiro" e con confeti, démoslle o toque de cor e de lunares como a cabaza da exposición.



Había confeti por TODAS PARTES!!!!




Finalizamos coloreando o resto da cabaza con cores alegres e cheo de colorido.








Despois marchamos cara ó Museo de Pontevedra pola Oliva e chegamos á Peregrina e onde o Loro Ravachol. Seguimos ata a Praza da Ferrería e alí estamos tranquilamente as pombas.

Digo que estaban tranquilas porque a profe deixounos asustalas!!!! Que divertido!!jajaja.




Foron os 2 minutos máis divertidos do traxecto!!! E continuamos polas rúas da zona vella.





E chegamos ó Museo onde nos agardaba a monitora con unha cavernícola.




A cavernícola chamábase TREA!!!! Un nome raro,non?


E a Trea gustábanlle os complementos como colares e pulseiras que facían con ouro. 



Así que, nunha peneira había area e tiñamos que atopar as pepiñas de ouro que houbera polo medio.



Despois de contar as que atopamos, realizamos un colar con masa de ouro e coloreamos un debuxo de Trea.



Pasámolo moi ben pero tivemos que marchar para coller o autobús. Que ben o pasamos!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...