Comezamos o mes de decembro cunha pequena peza audiovisual para darlle a benvida o mes máis agardado polos caracois: o mes do Nadal. Esta vez centrámonos na historia do Cascanoces en versión resumida:
Despois de falar sobre o vídeo, das personaxes, da vestimenta...e centrámonos nos protagonistas: o Soldadiño de Chumbo e a Bailarina. Analizamos o que lles pasou e na vestimenta. A todos nos gustaron as dúas personaxes pero acordamos decorar a porta co SOLDADIÑO DE CHUMBO. A coidadora Isi debuxou en gran tamaño o noso soldadiño e, durante a sesión de valores, pintamos con témpera o debuxo.
Para iso tamén era necesario gardar orden e respetar turnos en ocasións según a zona que teñamos que pintar para nos molestar ós compañeiros.
Ó rematar a sesión, voltamos a clase e seguimos coa historia. A todos lles gustaban as personaxes e querían colorealas así que fixemos copias para todos dos debuxos.
Pero decidimos facer un xogo: como a todos nos gustaban moito tanto as dúas personaxes, metimos as copias nuns sobre brancos, un cos debuxos do soldadiño e, o outro, cos debuxos da bailarina. Como os dous cobres eran idénticos, o profe Sergio ía mesturalos mentres a titora estaba de costas cos ollos pechados. Cando os deixou enriba do banco, a titora ía elexir un dos sobre pero aí tiveron que elexir os peques: para quen sería o primeiro sobre que sacara, para os nenos ou para as nenas? Como había distintas opinións decidímolo mediante votación a man alzada e gañaron as nenas. Polo que collín un dos sobre, abrino e...as nenas tiñan que colorear...O SOLDADIÑO DE CHUMBO!!!!!
Imaxinádevos as caras de ilusión cando ía abrir o sobre e as caras de 3 delas, sobre todo, cando viron que non lles tocou a bailarina!! As súas caras o dicían todo e case choran! Unha delas cabreouse e todo dicíndolle á mestra que tiña que coller o outro sobre tal e como gritara ela...entonces decidín preguntar, un por un, se estaba contento/a ou non co que lles tocou pintar e dicir o motivo se non lle gustaba. A maioría dos nenos estaba feliz co debuxo da bailarina, porque era moi bonita, pero non todas as nenas estaban conformes. A maioría si pero houbo unhas que non porque dicían que lles gustaba más a bailarina. Cando chegou o turno desta pequecha que se enfadara, a conversa foi así:
- Gústache o debuxo ue te tocou?
- Non
- Por que? Podes dicilo libremente
- Porque non me gusta como vai vestido, non me gustan as cores.
- Mira, imos facer unha cousa. Aínda que acordamos que o iamos colorear igual que no vídeo, deixo que o colorees como ti queiras. Así mellor?
- Non
- Pero por que non se o podes colorear como queiras?
- Porque non me gustan as botas, non teñen tacón.
- Pois mira, é simple: podes debuxarlle con lapiz os tacóns e colorearllos. Xa estás conforme?
...a súa mirada de cabreo e de non saber que máis cousas dicir para non colorear o debuxo era de risa! jeje.
Despois de dar todos a súa opinión, puxémonos mans á obra para darlle cor os nosos debuxos!
E mentres estaban coloreando, xurdiu unha pregunta duns nenos: ¿POR QUÉ NON LEVAN TUTÚ OS BAILARÍNS COMO AS BAILARINAS?
Unha nena respondeu rápidamente "porque non lles gusta". Entón preguntouse na clase se creen que é así e 6-7 nenos responderon que a eles lles gustan os tutús. Polo tanto, esa non é a resposta correcta xa que si hai nenos ós que lles gustan, a resposta non é valida.
Volvo repetir a pregunta que fixeron, quedan en silencio e un neno di "profe, e que a miña cabeza non é capaz de respostar iso". Díxenlles que algúnha razón ten que haber entón porque, se non, por que non se pode? E un grupiño de nenas responden "que teñen que obedecer ós que lles mandan" e "se non o fan lles castigan". Ahí comezou un pequeno dialógo entre eles e o neno que antes comentou que a súa cabeza non era capaz de contestar dixo que "iso está mal porque, se a algúns rapaces lles gusta, deberían deixarlles facer o que queiran".
Ahí quedou a conversa e empezaron a falar entre eles mentres seguían cos seus debuxos. Ó rematar, recortamos as personaxes e...DECORAMOS A NOSA PORTA !!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario