lunes, 9 de enero de 2023

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE!!!

 Chegamos cargadiños de enerxía e moita ilusión pero a que non sabedes que pasou? Que caracolillo, o noso trasno do nadal, fíxonos outra trasnada para rematar o Nadal:

NON TIÑAMOS OS AGASALLOS QUE NOS DEIXARAN OS REIS E PAPÁ NOEL NA CLASE!!!

Así que toleamos buscándoos e, como na clase non estaban, pois tivemos que saí e xusto debaixo do que queda da árbore de nadal...ESTABA UN PAQUETE CUNHA TARXETA!!



ERA A O NOSO PAQUETE!!!!



Despois na clase descubrimos todo o que nos trouxeron e que tanto queriamos!!!

- Pegamentos porque "desaparecen" nun pis pas

- Lápices de cores como os que tiñan no Museo e que tanto nos gustaron

- Rotuladores que tamén son selos para estampar mil veces nos nosos debuxos.

- Lápices FLUOR OU FOSFORITOS para os nosos escritos.

- Bolígrafos de cores de xel.

- Rotuladores negros e vermellos que tiñamos que repoñer nos nosos botes porque se secaron.

- e o XOGO DE DOUBBLE DE ANIMAIS para xogar xuntos!!!!!!



Hoxe foi un día moi excitante!!!

-  Algúns mandaron fotografías das súas vacacións e estivéronas comentando cos seus compañeiros na pizarra. 

- Outros trouxeron un agasallo dos que lle regalaron os Reis e Papá Noel para amosarllo ós compañeiros e xogar con eles na clase!!


Moita diversión, moita enerxía acumulada e moitas gañas do reencontro. Pero mañá traballaremos un pouquichiño máis!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...