Polo día da Paz decoramos a nosa porta con palabras cheas de paz, bondade,...palabras positivas, que soan ben bonito e enche de ledicia a entrada a clase:
Tamén fixemos 5 murais de pombas e, como precisabamos de moito espacio, invadimos o corredor do primeiro andar:
Enchémolas de cor, de debuxos bonitiños e de palabras preciosas.
Que ben o pasamos! Os nosos carteis ían formar parte da decoración polo día da Paz no patio.
O patio xa estaba preparado para a cadea humana que fixemos todo o colexio porque donamos moitos productos de hixiene para Cáritas.
É moi lindo poder por o noso gran de area nun día tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario