Neste nadal agasalláronnos na aula con este xogo para xogar en equipo no que, o importante é divertirse e pasar un bo rato.
Non nos interesaba tanto gañar cartas senón pasar un bo rato xuntos, tratar de acertar e, no caso contrario, alegrarnos polo éxito de outro/a compañeiro/a.
Algúns xa sabían xogar e outro aprenderon nestes días. Foi moi importante manter orden, respetar turno e estar moi concentrados e atentos.
Este xogo é unha das moitas versións que hai. Un xogo para traballar a atención e a rapidez ócular, discriminar obxetos e adquirir axilidade en todos os aspectos. E, sobre todo , PÁSANO XENIAL!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario