lunes, 6 de febrero de 2023

XOGO COOPERATIVO: ADIVIÑAR PALABRAS

Hoxe fixemos unha actividade cooperativa de lectoescritura, onde cada mesa formaba un equipo.



Por turnos, foron saíndo sacar unha tarxeta onde poñía unha pista: ADIVIÑAR UNHA PALABRA QUE COMECE POLA LETRA "...".  (Cada tarxeta é diferente)



Despois por equipos, tiñan uns minutos para concretar qué palabra (nome) ían dicir. 
Soamente 1 se houbera varias opcións.






Hai que poñerse dacordo porque, se diciamos un nome e era correcto, tiñamos puntuación!!! Pero, antes de dicilo en alto, hai que dicirllo ó profe Sergio ó oído.




Despois, un representante de cada equipo, vai pasando ó centro e dicindo a palabra escollida polo equipo e, cada un, puntuaba 1 ou 2 puntos!!!

Se a palabra escollida coincide con un ou máis grupos, acadaban 1 punto.
Pero se a palabra non a escolleu ningún outro equipo, ACADABAN 2 PUNTOS!!!




NON IMPORTOU QUEN GAÑARA, 
O IMPORTANTE FOI O BEN QUE O PASAMOS APRENDENDO XUNTOS!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...