O entroido chega o seu fin en Pontevedra e, con el, o enterro do Loro Ravachol. Así que hoxe, venres, lemos o conto que fala del:
Despois de escoitar a historia, repasamos algo de vocabulario en galego que hai no conto para logo...PODER XOGAR CO KAHOOT!!!!
Eiquí volo deixo por se queren xogar na casa as veces que queiran!!! (PINCHADE NA IMAXE)
Por último, temos que rematar o día "GUARREANDO UN POUCO" e toca sesión de manualidades onde nos imos converter en profesionais creativos onde deben deseñar os seus loros, coas cores e formas que queiran para despois expoñelos na cortiza da clase.
Todos concentrados Neste proceso creativo. Recortamos, pegamos, imaxinamos,…
E os resultados foron espectaculares e así quedou de precioso o noso mural de clase cheo de LOROS!!!
d
No hay comentarios:
Publicar un comentario