lunes, 13 de marzo de 2023

APRENDEMOS XOGANDO MENTRES CHEGA A PRIMAVERA

 Chega a primavera e, con ela, moitos animais, froitas, flores,...por iso, decidimos decidir que cousas aparecen en primavera:

Abellas          Saltóns          Libélulas          Mel          Coellos (de pascua)

Tulipáns          Margaridas          Xoaniñas          Bolboretas          Gusanos          Etc.


Despois de buscar as imáxenes destes animais e coñecer o seu nome, reforzamos a lectura co xogo KAHOOT DE PRIMAVERA. Se pinchades na imaxe de debaixo, poderedes xogar na casa.


Neste xogo, na clase, participamos todos como o EQUIPO DOS "CARACOIS". Un a un foi pasando para contestar a unha pregunta e...GAÑAMOS!!!! Proba diso nesta foto, jeje.



Como o xogo tiña os nomes en MAIÚSCULAS, o día seguinte, despois do recreo fixemos unha actividade na que era unha misión:



- A cada peque se lle daba unha tarxeta cun nome en MÍNUSCULAS.

- A ese nome, correspondíalle outra tarxeta co debuxo correspondente en branco en negro que estaba agachada polo corredor.

- Para poder ir buscala, primeiro tiñan que ler o que poñía na tarxeta e, se estaba ben, a profe dáballe o visto bo para que poida continuar a misión.

- Cando chegaban a clase, tiñan que coller unha folla da cor do seu equipo e agardar na mesa a estar todos.

- Todos na clase coas 2 tarxetas, tiñan que copiar o nome da primeira delas na folla e, despois, colorear a outra tarxeta, recortala e pegala na ficha.


E, a medida que ían rematando, puxémolas na cortiza da aula para que todos podamos ver os debuxos e o nome.



E xa para rematar, nada mellor cun xogo de memoria por parellas. 

Os deixo 2 versións: IMAXE-IMAXE ou formar parellas de IMAXE-NOME



MEMORY PRIMAVERA
(imaxe - imaxe)





MEMORY PRIMAVERA
(imaxe - nome)






No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...