Tiñamos moitas gañas de ir visitar ós bombeiros!!!! Así quenon houbo cousa mellor para comezar o 3º trimestre que ir de saída escolar!
O primeiro que fixemos foi recordar o NÚMERO Ó QUE TEMOS QUE CHAMAR EN CASOD E URXENCIA E ÉL O 112
Ó chegar, sortearon 2 voluntarios para porlle o seu uniforme
PERO o uniforme que precisan levar en caso de incendio!
As boras xa están incorporadas ós pantalóns para vestirse máis rápidos!
Son traxes que son un "pouquichiño grandes" e pesados
Ensináronnos diversos "aparatos" súper pesados que utilizan para excarcelar á xente cando teñen accidentes de coches de coches e non poden saír.
Logo pediron voluntario para subir pola corda e todos propuxemos con gritos que fora Sergio!!!!
Que vergonza pasou pero tamén o disfrutou!!!
Para ver o pequeno vídeo, pinchade na imaxe:
Ó rematar, leváronnos visitar as distintas estancias como a cociña, os vestiarios, aseos, despachos, e o ximnasio...xa que fan turnos de 24 horas e deben sentirse como en casa.
Ó chegar fóra, era o momento de usar as mangueiras que tiñan no camión que son moi pesadas!
E finalizamos a xornada cos escuma!!!!
Desa que molla, molla e remolla tanto a nenos, a nenas como a profes!!!jejej.
![]() |
Antes de marchar, agasalláronnos unhas pinturas, uns lápices, goma, afilas e regra dos bombeiros!!!!!
E para rematar, SOARON AS SIRENAS!!!!!!
MARABILLOSA SAÍDA!!!!
QUEREMOS REPETIR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario