viernes, 19 de mayo de 2023

SAÍDA Ó MUSEO E A GADIS

 Listos e MOI PREPARADOS para a saída ó Museo de Pontevedra e a Gadis!! Emoción a tope!!


Chegamos ó Museo e deixamos as nosas mochilas. Despois subimos 3 pisos e lembramos as normas do museo: non se pode tocar nada, hai que manter silencio, andar despacio e a modiño respetando todo os obxetos.




Comezamos pola primeira obra de arte que, aínda que pensabamos que era do fondo do mar, realmente era do espacio!!!




O segundo cadro analizámolo máis e máis. Era un soño, polo que non había cousas sen pintar.



E alí, xusto nesa sala, había outro cadro moi colorido, con moita xente.



E tamén observamos e analizamos outro cadro no que habían 2 personaxes...e que tal se nos poñemos por equipos e tratamos de montar o puzzle?









Tamén estivemos analizando otro cadro que semellaba un pouco máis triste pero feito estilo collage, interesante...como facemos no cole...



Ó rematar a visita, puxemos rumbo a Gadis. Para iso tivemos que andar polas rúas de Pontevedra, sen correr e tratar de manternos xuntos e sen molestar ós outros viandantes.

Ó chegar a Gadis estaba Sergio agardando por nós!!!
Visitamos todas as seccións do supermercado e agasalláronnos cunha bolsilla con mazás e botellas de auga para que a nosa merenda sexa saudable!!!



Para finalizar a xornada, fomos merendar preto da ponte do Burgo e xogamos durante un recreo especial no barco ata que nos veu buscar o autobús para levarnos ó colexio!!!


Unha saída moi divertida!!!! Queremos repetir!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...