domingo, 27 de septiembre de 2020

COMEZAMOS CON ILUSIÓN A APRENDER

      Comezamos un curso diferente con medidas COVID e moitas rutinas e hábitos relacionados co cole, pero iso non nos impide ser felices e vir contentos ó cole. Queremos aprender e estamos ansiosos por descubrir moitas cousas de maneira lúdica. 


Por iso, esta semana, entre outras cousas, comezamos co número 1 e disfrutamos duns vídeos educativos moito divertidos:





        Tamén aprendimos a contar cousas e a amosar o número 1 cos nosos dedos. Estivemos diciendo as partes do noso corpo na que hai soamente 1 cousas: nariz, boca, cabeza, barriga,... pero tamén somos capaces de asociar un número coa cantidade e, por iso, por turnos, escollimos 1 peza de dentro dunha caixa. Nin 2, non 3...soamente puidemos collar 1 e así foi: un éxito total para comezar!



Pero non todo foi "traballar", tamén quixeron disfrutar das cores que teñen nas súas caixas e, por iso, eiquí mostramos as suas primeiras obras. Disfrutaron moitísimo!!!














E, se queredes ver más fotografías, podedes acceder no noso blog, na columna dereita que pon FOTO-COL ou pinchando eiquí. De todos os xeitos, déixovos un pequeniño vídeo do seu momento de xogo por equipos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...