viernes, 18 de septiembre de 2020

HORARIOS E XORNADA ESCOLAR

 Ola familias dos caracois!

  Eiquí vos deixo o HORARIO ESCOLAR dos caracois de 3 anos. Podedes ver as especialidades que terán durante toda a semana. 



Os LUNS e XOVES, a 2ª hora, teremos un obrador de ARTE no que faremos desdoble, é dicir, os luns o realizará o alumnado dos equipos AZUL, VERMELLO e VERDE, e os xoves, o alumnado do equipo AMARELO e LARANXA. O resto do alumnado que non realiza arte, disfrutará de unha actividade ó aire libre e, no caso de chover, de logos educativos co iPads.


Os MARTES, a 4ª e 5ª hora, haberá psicomotricidade e tamén se fará desdoble. O primeiro grupo formado pocas mesas AZULVERMELLO e VERDE e, o segundo grupo, o formado polas mesas AMARELO e LARANXA. Lembrade que, os martes, DEBEN TRAER roupa deportiva e tenis con velcro.


O horario escolar está distribuído en varias sesións que, a modo de referencia, esquí poderes ver as horas da nosa xornada.


1ª HORA - 9.30 a 10.20h

2ª HORA - 10.20 a 11.15h

3ª HORA - 11.15 a 12.05 h

PLAN LECTOR - 12.05 - 12.35h

RECREO - 12.35 a 13.00h

4ª HORA - 13.00 a 13.40h

5ª HORA - 13.40 a 14.15h


A continuación, expoño como será o desenrolo da XORNADA ESCOLAR na nosa aula.




Se querelles imprimir o horario e/ou a xornada escolar, podedes pinchar no enlace e DESCARGAR O PDF.


Aproveito para amosarvos o método que imos levar para aprender a poñer o mandilón e o abrigo e que, desa maneira, sexan cada vez máis autónomos e realicen o hábito de vestirse eles sos. Agardo que vos sexa de axuda se o queredes levar a cabo na casiña:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...