jueves, 11 de marzo de 2021

EXPOSICIÓN THIAGO G.: "OS PATOS"

Hoxe Thiago G. deleitounos cunha súper exposición sobre os PATOS. Nervioso? Nadiña de nada.


Primeiro sinalounos cales son os puntos que vai tratar.


O nome e as letras que o compoñen.


Explicounos cales son as partes do pato.


Tamén as cousas que comen e aportaron que tamén comían pan! Que non podemos esquecernos! jejeje


Logo comentounos os hábitats nos que poden vivir e vimos un pequeno vídeo de patos nunha laguna.


O que máis nos gustou foi saber que eran ovíparos pero, o que máis, ver o vídeo onde vemos como nacen!!!


Para finalizar amosounos fotos de diversos patos e dun que non era exactamente un pato...sabedes que era? Pois nada mellor que ver a curtametraxe de Disney "O patito feo"




E consigue captar toda a nosa atención!


E, como non, recibiu un gran aplauso!!!!!


E se queredes ver o ben que o fixo, premede na seguinte imaxe.



Hai un anaco que cortamos porque reproduxiuse unha curtametraxe que nos puxo Thiago G. e eiquí volo deixo por se queren volver a vela:




E rematamos pintando os nosos propios patos e recoñecendo/copiando o nome PATO.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...