Ola familias!
Hoxe seguimos traballando arredor do proxecto sobre os animais da granxa.
Comezamos facendo un repaso do traballado ata o de agora e, para iso, "botamos man" da ruleta á que tanto lles gusta xogar.
Foron saíndo de un e un e tirando a ruleta. Cando lles saía un animal tiñan que dicir o nome do mesmo, en castelán e galego, e o son que fan. Pasamos un momento moooooi divertido!
Deixámosvos por aquí o enlace á ruleta por se queredes botarlle un ollo e xogar un anaco (premede na imaxe).
Á volta do recreo estivemos aprendendo os alimentos que come cada animal da granxa e contando anécdotas sobre os mesmos. Que risas botamos coas anécdotas!
(Para ver a presentación, premede na imaxe).
No hay comentarios:
Publicar un comentario