É O DÍA DO LIBRO!!!!
Hai unhas semanas estivemos cooperando co CONTO COOPERATIVO que fixeron os compañeiros e as compañeiras de primaria e que ilustraron os de infantil de 4 e 5 anos. Nós tiñamos o encargo de facer a portada e a contraportada dese conto e, despois de poñernos mans á obra, así quedou:
Hoxe chegamos á clase moi nerviosos porque onte recibimos unha carta de Rufiño na que nos dicía que hoxe nos agardaba unha sorpresa. Que será?
Mentres agardamos a descubrir a sorpresa, imos coñecer as RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS NOSOS COMPIS DE CLASE. Eiquí están cos seus contos favoritos:
- Utilizamos material reciclado: restos de cartuliña e follas de xornal.
- Decorámolo coa nosa foto, na que estabamos lendo un libro e unha flor deseñada por nós.
- Troquelamos a inicial do noso nome que cambia de cor segundo onde apoiemos o marcapáxinas.
E plastificámolo para que sexa máis duradeiro
LEMBRADES O CONTO COLABORATIVO do que falabamos ao inicio deste artigo? Pois ese conto cobrou vida gracias ás mestras de infantil e eiquí podedes ver un GRAN CONTO SOBRE O COIDADO DO PLANETA elaborado por todos nós!!!
Pinchade nel e desfrutade!!!!
Gustounos tanto, tanto, tanto... que pronto descubrimos...
A SORPRESA!!!!
Chegou de visita QUECA MANDILES (www.quecamandiles.com) que nos veu traer un agasallo. Pero xa nos dixo que debiamos falar baixiño, por orde e estar quietiños para que non se poña nerviosa porque, como é maior, non pode falar moi alto e debían coidala.
Todos estiveron moi atentos ao que contaba Queca Mandiles. Ela soamente sabe falar galego e estaba encantada co conto que elaboramos todos xuntos no colexio. Como hoxe é o Día do Libro, quixo traer un AGASALLO PARA TODOS!!!
Como fin da xornada, no momento desdobre, mentras os dos equipos AZUL, VERMELLO E VERDE estaban coa sesión de matemáticas ABN, os grupos AMARELO E LARANXA estabamos aprendendo un novo xogo coa profe Fany!!! (PINCHADE na imaxe de abaixo para vernos en movemento).
E por último, fotiño grupal co agasallo de Rufiño e o marcapáxinas que fixemos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario