jueves, 22 de abril de 2021

A NOSA PEZA DE PUZZLE DO MURAL DA RECICLAXE

Elaboramos a peza do puzzle do mural cooperativo que facemos no colexio onde a temática da nosa manualidade foi o CONTEDOR AMARELO.

Así que, a coidadora Isi reciclou unha plancha de cartón pluma e elaborounos as pezas do que ía ser o contedor. Nós pintámolo de amarelo, enchémolo de papel liso ou en forma de boliñas e despois aproveitamos os envases das merendas, lavámolos e empregámolos para decorar a nosa peza do mural.

Comentar que, no ceo, hai tapas azuis que son "as nubes", a tapa do xel amarelo é "o sol" e despois hai tapas planas dos iogures de chupar que son "os paxariños".

O contedor pode abrirse e gardar dentro máis cousas pero "deben ser cousas planas ou imaxes" porque este contedor non ten volumen, jeje.

Un traballo que fixemos cooperativamente e que nos levou un pouco de tempo pero, aprender, SI QUE APRENDIMOS!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...