viernes, 30 de abril de 2021

FANY: fin da fase de prácticas e despedida

 Hoxe é un día difícil e moi emotivo porque Fany remata o seu Período de Prácticas, que forma parte do Grao de Educación Infantil que está a realizar. Cando tiña 9 anos fun a súa mestra en Cuntis e agora, anos despois, fun a súa titora de prácticas. 

Na vida hai persoas que estudan para ser mestras e, outras, nacen sendo mestras. Este último caso é o de Fany. Foi, durante este tempo, unha gran compañeira e unha estupenda mestra para os vosos caracois. Implicouse emocionalmente con cada un deles e creou un gran vínculo que sei e me consta que manterá toda a vida.

Ela vainos botar de menos pero eles...puff!!! COMO A VAN EXTRAÑAR!!!! Madre mía! Trataremos de manter o contacto con ela con mensaxes ou algunha que outra chamada dende a pantalla da clase pero, mentres, eiquí un pequeno mimiño que lle fixeron dende a casa os peques:



Pero tamén imaxes en movemento, con voz:




Pero Fany, non penses que esto é o único que temos para ti... PINCHADE NA FOTO.







E non puido resistirse a poñer o mandilón, así que... PINCHADE NA FOTO para ver o vídeo.


Pero María Patatafrita tamén tiña un agasallo para ela... PINCHADE NA FOTO para ver o vídeo.


E, como non ía ser doutra maneira, Fany tamén tiña un agasallo para TODOSSSSS!!!!... PINCHADE NA FOTO para ver o vídeo.


AGRADECEMENTO FANY

Aiiiiiii, chegou o momento de pechar unha das mellores etapas da miña vida, chea de agarimo, recordos, risas e dunha GRAN aprendizaxe. 
Fun inmensamente feliz, tanto cos caracois como coa súa mestra. Como ben dixo María, foi a miña mestra con 9 anos e, dende aquel momento, souben que ía ser a miña referente e o meu modelo a seguir; ademais dunha persoa súper especial para min. E aquí estou, 16 anos despois seguindo a súa pegada e aprendendo dela.
Tanto os caracois como as familias sodes uns afortunados por tela como mestra, xa que é a MELLOR.
Que dicir dos meus nenos e nenas? Como os vou botar de menos e canto os quero! 
Pecho esta etapa cargada de cariño, apertas, recordos, risas, algún que outro choro e moito, moito AMOR. Tendes uns peques marabillosos e levareinos no corazón para sempre. 
E por último gracias a vós, ás familias, por todos os detalles que tivestes comigo e por toda a axuda prestada. INFINITAS GRACIAS.

PD: non é un adeus, é un ata pronto. Seguimos en contacto e irei de visita a miúdo.

(Déixovos un pequeno vídeo de agradecmento)


MOITOS BIQUIÑOS E APERTAS!

1 comentario:

  1. Muchas gracias Fany por haber tratado con tanto cariño a nuestros peques. Eres genial!

    ResponderEliminar

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...