jueves, 15 de abril de 2021

OS ANIMAIS DA GRANXA DE CAMPAÑÓ

 A granxa do cole de Campañó, como vedes, encheuse de animais reciclados. Como hoxe fixo sol e calor, saímos ó "prado" para comer herba, vermes, sementes,...e pasear un pouquiño.


Podemos atopar cabalos cos que galopar.


Tamén porquiños cos que teremos carne e chourizos.


Así como galos e tamén as galiñas que nos dan ovos.


E non esquezamos ás vaquiñas que nos dan leite.


E MIRADE QUE RÁPIDOS SON ESTES ANIMALIÑOS FACENDO A FILA PARA IRNOS ÓS "ESTABLOS"!!!! (Pinchade na imaxe para ver o vídeo)


Estes animaliños están feitos con material de refugallo, reutilizándoos. Moito se divertiron elaborándoos coa profe Ángela durante as cases de arte!!! Son uns súper artistas!!!!




MOITAS MÁIS FOTOS NO ALBUM DE ABRIL 2021 OU PINCHANDO EIQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...