lunes, 12 de abril de 2021

EXPOSICIÓN ANTÍA: "PROXECTO: O CAN"

 Antía estaba emocionada porque hoxe ía expoñer sobre O CAN.



Mostrounos as partes do corpo dun can.




Tamén nos comentou que son vertebrados porque teñen ósos.




Son animais domésticos porque viven nas casas.




Comen penso, galletas e, o que máis lles gusta, son os ósos.




Hai moitos cans protagonistas das películas e dos debuxos animados.




Temos que telos limpos e, cando están maliños, debemos levalos ó veterinario.




Temos o caso de Chaise da Patrulla Canina que é bombeiro.




E, como Marshall, tamén existen cans policías.




Outros son cans guía que axuda a desplrazarse ás personas cegas.




Pero temos os cans pastores que axudan ós granxeiros a coidar das ovellas e as vacas.




E, para rematar, compartíu un vídeo seu cos seus cans. Queredes velo?
 Pois pinchade na imaxe de abaixo.


Antía non so o fixo xenial senón que deixou abraiados ós compañeiros. Magnifica exposición!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...