martes, 20 de abril de 2021

SORPRESA!!! CONTEDORES DE RECICLAXE PARA A AULA E PRISMÁTICOS RECICLADORES

Hoxe chegamos á clase e tiñamos un agasallo. Estabamos nerviosos porque non sabiamos quen a troxera á clase. Tiña forma cadrada, era marrón,...que sería?

Os nervios estaban a flor de pel e, claro, tivemos que solucionar o problema. A medida que abría a caixa, a tensión percibíase no ambiente. E a caixa contiña...

    CONTEDORES DE RECICLAXE!!!

Tamén viña unha nota con 2 vídeos que tiñamos que ver para estar máis informados sobre que facer con estes contedores na clase:

É moi importante reciclar e reutilizar. Así que agora xa temos moitos contedores na aula para que poidamos reciclar e, sobre todo, no momento da merenda. 

Pero, como o verde é para vidrio e non usamos, imos transformalo para outro fin así que...creo que imos ter unha nova misión para concretar o que o imos destinar (pero iso será máis adiante). Agora contamos, de esquerda a dereita con CONTEDORES DE vidrio - papel/cartón - plástico/latas/papel aluminio - orgánico - servilletas/mascarillas/papel de cociña/pañuelos,...


E que tal se vemos unha pequena historia na que "RECICLAMOS CON ROBER"

Como queremos reciclar, decidimos facer PRISMÁTICOS RECICLADORES OU "RECICLEITORS" utilizando restos de materiais que tiñamos na aula e así poderemos VER O MUNDO CON OUTRAS CORES!!!


-  os tubos de cartón do papel hixiénico.

-  decorámolos con pegatiñas de cores.

- como cristais reutilizamos anacos de papel de celofán.

- e tiras de la para facer a cinta para poder colgalos no pescozo.


E cos RECICLEITORS, imos localizar todo o lixo que haxa pola nosa contorna e levalos o seu contedor correspondente. E todo gracias aos seus cristais de cores especiais!!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...