Comezamos a gravación do vídeo para as Letras Galegas. Para iso achegámonos a conceptos previos que tiñamos que ter en conta:
- Hai que respetar os turnos.
- Todos actuamos: mentres un fala os demais debemos estar en silencio.
- Facemos marcas no chan para saber onde colocarnos e tamén onde colocar o trípode.
- Antes de colocarse no sitio, hai que colocarse o micrófono.
- Non debemos berrar, senon falar alto e tratar de pronunciar ben.
- Trataremos de mirar a cámara cando falemos.
- Como imos facer un CHROMA utilizaremos o fonde verde pero, se temos algo verde na roupa, debemos cambiar a un fondo AZUL para non ter problemas despois cando se monte o vídeo.
- E, sobre todo, prestar atención cando escoltemos "PREVENIDOS...5...E ACCIÓN" onde todos debemos estar caladiños porque empezarás a gravar.
Como estamos a traballar sobre "Os animais de granxa" decidimos facer un exercicio audiovisual "moi porco",jeje. Pero, de momento, estamos en PROCESO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario