Hoxe, pola mañá, falamos de animais da granxa (porco, gato, can. vaca, ovella...) e xurdíu o RAPOSO, ese animal que causa medos ás pitiñas. Así que investigamos pola rede e localizamos un blog que era de Raquel Queizás (pinchade na imaxe e poderedes visitalo):
Alí descubrimos que os raposos e as raposas, a parte de comer pitas e atemorizalas, tamén CONTAN HISTORIAS!!!!
Como serán esas historias? de que tratarán? como sería unha raposa contando historias?
Estabamos falando cando sonou o timbre e veu Ánxela para dicirnos que alguén nos agardaba no ximnasio e era...
A RAPOSA QUE VIRAMOS NA PANTALLA!!!!
ALUCINANTE!!!!
En realidade era Queliña que viña contarnos historias que lle contaba a súa avoa. Aventuras e historias sobre animais que, a maioría das veces, eran máis listos que a raposa.
E DO SACO SAÍU... |
UNHA PITIÑA!!!
UN CABALO!!!
UNHA RA!!!
E estivemos todos tan atentos e divertímonos tanto escoitando as historias,
que pechamos a sesión cun pequeno baileciño!!!
(pinchade na foto de abaixo e mirade!!)
Cando voltamos a clase, traballamos sobre a palabra RAPOSADAS (contos da raposa) e debuxamos o que máis nos gustou da sesión de contacontos.
PARA VER MÁIS FOTOS, XA SABEDES, NO ALBUM DE MAIO 2021 OU PINCHADO EIQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario