Hoxe presentamos un novo froito do outono. Preguntando, moitos dicían que eran peras ou mazás. Realmenteo semellaban esas froitas, por iso, decidimos tocalas. Ó tacto, a súa pel é suaviña, como terciopelo, polo que non podían ser as que dicimos. Despois de investigar un pouco coñecimos o seu nome:
MARMELO
Pero así non o íamos comer nin probar así que ímolo cociñar. Para iso, precisamos:
1.- AZUCRE
2.- LIMÓN
3.- MARMELO
MARMELO CORTADOS EN ANACOS
BOTÁMOSLLE LIMÓN SEN CÁSCARA E AZUCRE
CANDO PASOU O TEMPO, TIÑAMOS QUE POÑELO A REPOSAR NUN ENVASE QUE SOPORTE A CALOR QUE TEN PORQUE...VAI QUEMAR MOITO!!!
E DESCUBRIMOS QUE NON SO CAMBIARA DE TEXTURA SENON TAMÉN DE COR!!!
AGORA QUEDA ENFRIANDO E REPOSANDO ATA QUE ENFRÍE PARA PODER CORTALO
E TODOS TER UN POUCO PARA DEGUSTAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario