O outro día na clase, no panel da entrada, apareceu unha carta!!!
Era unha carta de Rufiño!!!! Que diría?
Pois nos conta que volve a poñerse en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS!!!
Estas mochilas conteñen contos en castelán, en galego, un xogo educativo que nos presta Rufiño para que os disfruten os caracois coa súa familia durante unha semana.
Dentro hai unha funda plástica con varios papeis con información!
A mochila irá de MÉRCORES A MÉRCORES, unha semana, a unha familia caracol distinta.
Debedes coidar dos libros e ser puntuais na devolución ese mesmo mércores porque haberá outro peque agardando ansiosamente poder levar a mochila a súa casiña.
Iremos por orden de lista, do primeiro ó último. No caso de que alguén non estea ese día, saltaremos o turno pero o levará máis adiante!!!
Por certo, quen queira pode mandar un debuxo do seu conto preferido da mochila e os expoñeremos na clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario