O outro día, mentres estabamos en clase traballando, chegou Jose, o mestre de 5º de Primaria porque precisaba a nosa axuda.
... pero tamén tiñan as pezas para montar o puzzle deste mapa. O problema é que estaban feitas cun material groso pero todas eran da mesma cor, azuis e, claro, no mapa, as diferentes comarcas estaban coloreadas de distinto cor. Por iso, quería saber se poderíamos axudarlles a pintalas.
E claro, COMO NON LLE IMOS AXUDAR!!! Así que, o díoa seguinte, trasladámonos ó corredor da nosa planta e estivemos vendo o mapa de Galicia. Observamos que había moitas comarcas e localizamos a nosa, Pontevedra, de laranxa, coma os nosos mandilóns. Pero, seríamos capaces de localizar todas as pezas que nos deixara o profe Jose?
Pois, unha por unha, fomos tratando de localizalas. As 3 primeiras costounos un pouquichiño pero despois...DESPOIS FOI UNHA PASADA!!! A mestra apenas tiña que dar pistas porque xa localizaban a comarca antes de que preguntara a mestra!! Que ben o pasamos!!!
12 pezas do puzle localizadas nun pis pas, coma quen di e a mestra ía anotando a cor que tiña cada unha por detrás da peza.
Pero, o rematar, achegouse despaciño Briana e preguntou:
- Profe, onde están as outras pezas do puzle que faltan?
E respondinlle que habería que preguntarllo o profe Jose. Pero todos empezaron a berrar que tiñan que estar agochadas polo patio e que tiñan que ir buscalas. Así que, TANTO INSISTIRON que o mellor foi IMPROVISAR e ir na procura de pistas!!!!
Despois de buscar por cada recuncho dos tobogáns e na zona do aparcamento, Briana atopou anacos das pezas polo que debían estar moi preto de atopalas.
Logo marcharon ó patio cuberto porque tamén debería haber algo agochado e...
... Uxue atopou máis pistas e ademáis UN FOLIO DOBRADO!!! Que habería escrito?
Esto que estaba sendo MOI, MOI EMOCIONANTE!!! Así que a mestra abríu ese papel que estaba dobrado e poñía o seguinte:
"Hola, me llamo Lourdes. En este colegio hay un misterio y, si quereis descubrirlo, teneis que adivinar este código secreto ... "
e, xunto a este papel, aparecía un código con números e letras escritas con rotulador negro!!!
E, mentres lía a mensaxe, outro peque atopou o avión de papel onde, como eles dicían, viñera a carta e a lanzaran cara o patio do noso colexio!!!! Pero...quen sería?
E mentres pensamos como podemos seguir investigando e descubrindo información, decidimos ir a clase a poñernos mans á obra e pintar as 12 pezas que tiñamos asignadas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario