Este ano estamos a tratar o proxecto "Dálle sabor a túa vida!", por iso decidimos propoñer ás familias a doazón de alimentos non perecederos e outros productos de hixiene a varios asociacións, organizacións,... e quero felicitar a todas as familias que contribuíron a que esto sexa posible.
Traballamos a clase a palabra MENIÑOS e identificamos todas as letras asociando as minúsculas coas maiúsculas. Como tiñamos que realizar un cartaz en cartuliña co nome da nosa Fundación, decidimos reproducir cada letra con bricks de leite Feiraco no chan.
E, por equipos, recreamos cada letras e quedaron así de xeniais co novo chan da aula!
Despois montámola nun documento e elaboramos o noso cartel dunha maneira moi "leiteira". E, como non, ó rematar, moitos non puideron evitar beberse o leite porque, polo visto, "estaban moi cansos de tanto traballar".
Por último, debuxamos e coloremos algúns meniños para facer a decoración do noso cartaz que quedaron moi chulos e encheu todo de cor"
E na cortiza do fondo, colocamos a nosa cartuliña, xunto coas demáis do ciclo. Unha gran labor dende o colexio e, sobre todo, das familias. Gracias.
A parte diso, en colaboración coas familias, estiveron traballando
a palabra PAZ nas casas con comida, mirade que orixinais!!!
E así de bonita quedou a nosa porta da clase:
Hoxe é un día especial e durante a asamblea, na que Lía era a encargada, decidiu que quería traballar unha palabras e escolleu a tarxeta de CORAZÓN do noso cubo das palabras. A verdade é que foi ideal a palabra para o día de hoxe onde escribíu o nome, identificou cada letra, contou o número delas que hai na palabra e fixo o debuxo.
Aproveitamos para organizar unhas sesións de manualidades e realizamos unha POMBA VOADORA chea de cor e de movemento para levar a casiña:
E, a medida que ían rematando, podían xogar coa plastilina pero, dada a temática da xornada de hoxe, moitos sorprendéronnos con esto:
E un pequeniño vídeo da posta en escea da canción polos rapaces da nosa aula
(PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO)
(Subirei o enlace ó video grupal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario