miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO

 Para conmemorar o Día de Rosalía, traballamos a súa biografía e a nós correspondeunos un anaco dela. Así que, por turnos, fomos grabando as frases no ximnasio xunto coa titora para despois crear un audio que, unido ó resto dos audios dos outros cursos, quedou esta peza audiovisual tan bonita. 




E, tras vela na clase, traballamos o nome desta escritoria na pizarra para despois copialo na ficha e debuxar a Rosalía pero, aínda que viste moi colorida (como vedes na foto de abaixo), sempre leva saia xa que, na súa época, as mulleres non usaban pantalóns, jeje.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...