O venres 18 tivemos un obradoiro de cociña que nos veu impartir Rocío, a nai de Matías B.
Primeiro contounos un conto moi, moi interesante:
Coa súa doce voz e a cara chea de tenrura, ...
captou a atención dos peques xa que todos queriamos ter
" o super poder de comer ben"
E, despois puxémonos mans á obra. Tiñamos todos o que precisábamos na mesa.
Matías foi ensinádolles ós seus compañeiros como ía quedando a mestura cada vez que utilizabamos un ingrediente (todo apto para que Lara puidera manipular e comer todo sen problema co gluten).
E así conseguiríamos a forma de "donete"
Preparamos o chocolate derretido para poder decorar as nosas delicias...mmm...
E, se vos preguntades se sobraron Donetiños, séntovos dicir que non sobrou NADIÑA!!!!!!!!! Devoraron todo!!! Así que eiquí vos deixo a recetiña que xa vos mandamos en papel. Agardo que a fagades na casa e que disfrutedes moito facéndoa con eles!!!
Por certo, se facedes os DONETIÑOS e facedes outra versión cos vosos gustos, non dubidedes en mandar foto!!!!!
ROCÍO....MOITAS GRACIAS!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario