Outro ano máis disfrutamos dos MANDADIÑOS DE RUFIÑO que, este curso,
está relacionado co proxecto de centro "Dálle sabor a túa vida".
E así son de "mandadiños" estes caracois polo que cumpriron cada día co que Rufiño lles mandou!! Mirade que riquiños!!!!
E chegamos ó último día da semana onde todos iamos disfrazos de cociñeiros, xunto co gorro que fixemos na aula e que personalizamos coas nosas cores.
Hoxe tamén degustamos repostería propia do Entroido: como orellas e filloas.
E rematamos esta xornada carnavelesca coa actuación musical do grupo Migallas!!!!
Que ben o pasamos!!!
Aquí podedes ver a elaboración do gorro de cociñeiro e cociñeira que fixeron estes nenos e nenas
E aínda queda carnaval. O venres que ven, polo Enterro do Ravachol, poden vir disfrazados de loito ou do disfraz que queiran!!!! Será o remata duns días de moita cor e música!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario