Hoxe veu Mavi, a nosa conserxe este tempo, a dicirnos que marcha que lle chamaron para outro traballo. Mavi é máis cunha conserxe porque nos deu moitos agarimos aínda que tamén nos rifaba se era necesario. asi que, cando veu despedirse, non puidemos evitar non abrazala.
Entre todos fixemos retratos de Mavi preciosos, coloridos e alegres como é ela, creando un cartaz para que nos lembre sempre. E, como non, démoslle as gracias por todas as tiritas que nos puxo cando tiñamos un "accidente" ou unha "pupa" por calquer cousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario