lunes, 14 de febrero de 2022

CANTO NOS QUEREMOS

Esta mañá, nada máis entrar, atopeime con esta escea (eles alleos a que eu os estaba fotografiando). Hoxe é un día moi especial para estes pipioliños que, coma o ano pasado, agasalláronse cuns debuxos por San Valetín.





Estes compis son inseparables e adóranse!!!




Tamén hoxe moitos viñeron con algo vermello porque é a cor do amor e, nesta clase, hai moito AMOR!!! Somos uns caracois que se queren moito porque somos, en certa maneira, unha familia!




E hoxe elaboraron unhas tarxetas para agasallarse entre eles. Cada un escolleu a un compi e lle escribiu unha mensaxe porque a amistade entre compañeiros é o máis bonito que podemos ter!!





Así que cada un lle deu a súa tarxeta ó que quixo e, si, varios foron correspondidos (non era a mesma foto, jeje)





Pero, como somos caracois, tamén elaboramos unha pequena manualidade para as nosas familias porque A QUEN PODEMOS AMAR MÁIS QUE AS NOSAS FAMILIAS ??? 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...