Os mércores adicámolos a obradoiros de arte e de mundo dixital. Cada semana vanse turnando os grupos e estanno pasando xenial.
Este ano coñeceron a BEEBOT, unha abelliña moi riquiña á que lle temos que indicar como ir ós sitios.
Para iso precisamos PROGRAMAR a ruta e por iso é moi importante concentrarse e prestar atención ós movementos que debe facer.
Beebot camiña cara diante , cara atrás e xira. Pero móvese de cadrado en cadrado, por iso temos unhas plantillas moi divertidas polas que a abelliña vai de "misión".
E, se un compi erra...NON PASA NADA!!! Ou se lle axuda ou volve comezar, sempre animándolle para que non se desanime.
Realmente sorprendéronse dos bos programadores que son pero, que non se confíen porque...as misións serán cada vez máis complicadas. Serán capaces? SEGURO QUE SI!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario