martes, 15 de noviembre de 2022

SAÍDA A CASA PEPE

Outro ano máis marchamos visitar os castiñeiro de Casa Pepe. Súper ilusionados porque non choveu e saímos da aula para aprender cousas novas.



Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi berrar o seu nome e pronto saíu Pepe coa súa muller Pili a darnos a benvida. Alí xa fixemos a parada no castiñeiro da entrada e nos explicou cousas sobre as follas que resultou moi interesante.

Depois comezamos a recoller as castañas que había polo chan pero tivemos coidado coas que aínda estaban dentro dos ourizos que esas tiñamos que collelas coa axuda do calzado para abrilos.




Logo visitamos outro dos castiñeiros que estába no fondo da finca onde recolectamos máis castañas e, cando voltamos, había unha lona plástica onde nos sentamos porque...




... Pili preparounos unha súper merenda con magdalenas feitas por ela, galletas de chocolate, chucherías. gusanitos sen gluten, tosta con mel da casa, marmelo... UNHA SÚPER MERENDOLA!!!!







Se vos preguntades se quedou algo da merenda...NADIÑA!!!!! jajajaja


GALERÍA DE IMAXES CON TODAS AS FOTOS DAS OUTRAS AULAS:

https://photos.app.goo.gl/us2wx8WXuHokKv577

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...