Como Caillou tiña un coelliño moi amoroso, quixemos facer a nosa propia COROA DE PASCUA personalizada co coelliño.
Así que na clase había unhas siluetas das caras de coellos pero faltábanlle varias cousas. Así que tiñamos que debuxarlle as cousas que lle faltaban: ollos, fuciño, bigotes,...
E, como o coelliño tiña ovos de chocolate, decidimos encher de ovos de varios tamaños as coroas e de darlles cor!!!
E cando as coroas estiveron xa feitas, o Coello de Pascua deixounos un debuxo do seu retrato pero cun estilo moi orixinal e que daba a posibilidade de colorealo de xeito creativo e colorido!!!
Cando rematamos, chegounos un aviso. Pinchade na imaxe de abaixo para ver o que aconteceu:
Os 25 ovos estiveron agochados por diversos espacios do ximnasio.
Se non chovera, de seguro que nolo puña máis complicado agachándoos polo patio:
E cada un tiña que buscar a metade do seu ovo que tiña un sobre pegadiño.
Así que fixemos a fila para marchar rumbo a clase cos nosos ovos completos...
...e agora que? Pinchade na imaxe de abaixo e veredes!
Non tiñamos o código para descifrar as mensaxes por ningún sitio. Non estaba agochado por ningures pero, de súpeto, a mestra abríuo correo electrónico da nosa aula e O COELLIÑO MANDÁRANOS O CÓDIGO!!!
Cada un tiñamos unhas tarxetas diferentes entre sí. Cada tarxeta tiña un código de números e o coelliño amosounos que, a cada número, correspondíalle unha LETRA!!! QUE PALABRA SECRETA NOS TOCOU A CADA UN???
Cada un colleu o lápiz e tiña que adiviñar cal era a súa palabra.
Despois, se querían acadar a súa bolsiña sorpresa, tiñan que ler en alto a palabra que lles saíu
e, se estaba ben,...
...debían buscar a bolsa que tiña o debuxo desa palabra!!!
NON LLES COSTOU NADIÑA!!! SON UNS FENÓMENOS!!!
TODOS ACADARON AS SÚAS BOLSAS SORPRESA!!!
QUÉ BEN O PASAMOS NA NOSA PASCUA ESCOLAR E NA BÚSQUEDA DOS OVOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario