miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER 2023

Para o DÍA DA MULLER iamos preparar un mural co resto do colexio e nos estivemos preparando o símbolo dese día tan especial para as mulleres con distintos materiais de cor morado.





Despois puxémonos mans á obra elaborando as nosas follas onde tiñamos que debuxar á muller a que nos queremos semellar. Algúns apoiados de fotos de famosos ou das nosas nais, fixemos os retratos, coloreámolos e escribimos a razón de por que queremos ser como elas.



















Moi concentrados, con música de relaxación,...mirade que artistas!








E así ían quedando as nosas obras.



Porque o mural foi quedando precioso!


E rematamos o día facéndolle entrega do cartaz que lle fixemos a Marta Santiago, de A Fervella, muller a que lle adicamos o DÍA DA MULLER no curso pasado 2022. Aproveitando a nosa visita ó Mercado, puidemos coñecela en persoa e entregarlle o noso agarimo. Podemos ir visitala sempre que queiramos porque, de segura, poderemos darlle mil biquiños e comer fantásticamente a súa comida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EXCURSIÓN FIN DE CURSO Á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

Como excursión fin de curso fomos á GRANXA ESCOLA SERANTELLOS, en Cambados. Tiñamos moitos nervios porque iamos pasar todo o día fóra, comen...