CHEGOU A PRIMAVERA!!!!!! POR FIN!!!
Así que non hai nada mellor que prantar e sementaremos CABAZAS!!! Así que preparamos a terra, as sementes e imos aló!
Hai que encher os vasiños con terra.
Poñemos a semente co buratiño cara enriba...
...e, co dediño, empuxamos cara abaixo un pouquichiño, soamente para que quede tapada e listo!
E así fomos por turnos enchéndonos de terra e semenrando!!!
Mentres agardabamos, falabamos entre nós. É moi importante saber xestionar os momentos de espera, sen nerviosismo. Agardar o noso turno tranquilos... e, neso, somos expertos!!!
Cando todos tiñamos todo feito, collimos os vasiños e, con moito coidado, marchamos a clase.
Na clase, puxemos os vasos nas bandexas (unha por cada equipo) e, ó finalizar, regámolos con axuda do pulverizados para non afogar as sementes, jeje.
Os responsables diso serán os encargados dese día.
Colocamos todo cerca da fiestra para que entren os raios do sol e lle den luz e calorciño.
E agora toca ter paciencia e agardar a que nos sorprendan os primeiros brotes da pranta!!!
Cando sexan moi grandes, deberemos transplantalos nun lugar máis grande como as hortas de casa, de casa dos avós...e, no cole (eso faremos coas sementes dos profesores)
No hay comentarios:
Publicar un comentario