O venres reforzamo os números do 1 ó 50 co xogo do BINGO. Como non tiñamos o xogo coas bolas, utilizamos un xerador de números na pizarra dixital.
Por turnos, ían saíndo para ver que número saía e despois dicilo en alto (algúns números nos costaban pero os profes axudaban a dicilos).
Por parellas, tiñamos que ver se na nosa tarxeta había ese número e, se estaba, tiñamos que colorealo.
Que conste que algúns números se resistían a saír! jeje
Despois de comprobar que coincidían os números coa lista que foi saíndo, Matías N e Martín M foron os campións. Estaban moi ledos...xa se pode ver na cara dun deles! jejeje
E, se queredes ver un anaquiño de como foi este xogo, pinchade na imaxe de abaixo!
Como xa saben as regras do xogo e de como se xoga...quen sabe se repetimos pero facendo rodar as bolas cos números...jejeje...quen sabe!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario