O mércores viñeron Ana e Cecilia, de 4º EP, para contarnos un conto durante o Plan Lector. Todos estabamos expectante a esta nova historia.
A verdade é que semellaban profesionais porque non tiñan nada de vergoña e contaron o conto de marabilla. Xeneraron un ambente incríble porque dominaban a historia e se notaba que lles gustaba esa faceta de contacontos.
Gustounos tanto que lles pedimos unha foto con elas e que queremos que volvan contarno outro conto porque nos fascinaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario